2.1. Ámbito territorial do negocio:

Sinala-lo ámbito territorial concreto no que vai actua-la empresa. Indica-la dimensión xeográfica do mercado definido como obxectivo do negocio (local, comarcal, provincial, rexional, nacional, Unión Europea ou internacional).

Eurorrexión Galiza e o Norte de Portugal. Esto o estimamos case como unha intervención local, a partir do eixo N-550 A Coruña – Santiago – Vigo. A partir de aqui se dan relacións tanto co resto da Península como con Latinoamérica e Europa (proxección do noso traballo, intercambios…). Nestes tres puntos temos espazos a disposición en cada un: Alg-a Lab (Vigo),, Baleiro (Compostela), CS Atreu! e Libraría U. Invisíbel (A Coruña). Incluso, a maiores disto, coido deberíamos considerar a “territorialidade” on line do proxecto; un espazo (ou os espazos) de produción, edición, emisión… cultural.

2.2. Descrición do sector de actividade onde se pretende operar:

Efectuar unha breve descrición do sector de actividade no que se introduce a empresa, ou sectores no caso de considerar diversas liñas de negocio. Citar, entre outros, aspectos tales como o número e as principais características dos competidores, provedores e distribuidores que operan ou teñen previsto operar no mesmo ámbito de negocio; o nivel de competencia e a rendibilidade; as barreiras de entrada e saída; a regulación específica que se debe cumprir; e a evolución previsible para o futuro.

A idea é elaborar unha cartografia con ligazóns que nos ubiquen no sector para realizar a breve descripción que se nos pide.
Os ítens serían cultura (arte contemporáneo-arte dixital), educación (desenvolvemento sociocomunitario, ámbito universitario) e tecnoloxía (software libre). A idea é acotar un pouco a análise do sector aos ámbitos que máis nos interesan. Este sería o eixo x da táboa, no y a diferenciación dos datos e info entre o sector público e o sector privado (empresas, fundacións,entidades financieiras), así como da territorialidade concreta (Porto, Corunha, Vigo, Compostela…).Se imos facendo entre todas a recopilación , o próximo xoves simplemente temos que facer a posta en común.

man_hauser para min o sector hai que describilo atendendo as seguintes diversidades. PRIMEIRO, unha diversidade de axentes que producen cultura a nivel institucional e que ben poderían nomearse como institucións públicas, universidades, museos e centros de arte, produtoras privadas, etc. xa o temos por aí. SEGUNDO, unha diversidade de usuari@s desta produción e mesmo produtores de contido e xestores, cos que dalgún modo tamén competimos; a hora de solicitar subvencións, entrar a convocatorias, etc. É dicir, competimos entre nós mesmas, entre xente que está en situacións semellantes ás nosas e con perfís e aspiracións semellantes aos nosos. Por iso, eu destacaría unha TERCEIRA diversidade, que atinxe non a produtor@s nin a a usuari@s senón ao sector mesmo; neste sector a competencia é moi relativa. P.e. é diferente que nun sector tradicional de produción material no que p.e. se eu vendo laranxas a unha pobación X e outro competidor tamén as vende, por moi ben que o fagamos e variemos o producto, non imos poder vender moitas máis de N naranxas por persoa (ou familia, etc; poñamos 1 kilo ao día). Sen embargo en cultura é diferente; creo que é moi importante que consideremos cómo a cultura non compite directamente entre si, senón que ao contrario, o feito de que haxa algo bo fomenta e contaxia o seu entorno, produce interaccións e sinerxias, o producto non se esgota, nin caduca como o material, senón que se recrea segundo outra lóxica. Isto fai que teñamos que pensar con bastantes salvedades o modelo de: plan de viabilidade/ sector produción cuantitativa, etc.

A parte disto, creo que poderíamos servirnos dos propios colectivos como liñas de investigación para subdividir o sector:

2.3. Perfís dos clientes ós que se dirixe o producto ou servicio:

Salienta-los aspectos que caracterizan ós clientes dos productos ou servicios realizados pola empresa, así como as súas pautas de compra e capacidade de negociación. (A modo de exemplo, citar se están dirixidos a consumidores finais ou a empresas. No caso dos particulares, sinalar aspectos tales como a idade, o sexo, os niveis cultural e de renda, etc.; para as empresas, aqueles referidos ó sector, tamaño, etc.).

Este apartado vai depender moito do que avancemos no anterior epígrafe, pese a todo ubicamos diferentes posibilidades de establecer relacións con clientes-entidades:convenios, colaboracións puntuais…

2.4. Medida na que a idea responde a unha necesidade do mercado:

Indicar qué necesidades cubren os productos ou servicios da empresa e o modo en que estes as satisfán. Neste apartado é preciso proporcionar unha idea dos elementos diferenciais que determinan que estes productos ou servicios sexan especialmente atractivos para os clientes ós que se dirixen.

- Necesidade dun centro de experimentación cultural tecnolóxico/artístico.
- Necesidade dunha cultura multimedia que non se basea exclusivamente no Espectáculo; ou o que é o mesmo, creación de contidos pedagóxicos/antropolóxicos/culturais na nova era de produción dixital e multimedia. Isto está excluido por unha banda na Academia (Universidades, escolas, etc.) e por outra banda na oferta convencional de cultura espectacular, masiva e sen criterio (oferta de concellos e incluso xunta e centros de arte por diferentes motivos).

2.5. Estimación do tamaño real de mercado:

Avalia-las expectativas de venta durante os tres primeiros anos para cada producto ou servicio da empresa. No caso de que se teñan diversas liñas de productos ou servicios, hai que utilizar unha táboa independente para cada un deles, sinalando o nome, ou no seu defecto a categoría, de producto ou servicio ó que se refire.